Comarcas

Este domingo, un percorrido polas fontes das que abrolla o segredo dos veciños de As Neves

A Asociación Coto da Cividade de Tortoreos organiza, este domingo, día 17, como cada ano unha andaina que percorre as vilas de Tortoreos e Liñares onde a parada obrigada son as fontes. Fontes  que os veciños do lugar adornan e onde non falta detalle para que todos aqueles que se acheguen poidan admiralas.

Todos aqueles que o desexen poden- dende as 9 da mañá, saíndo do Pazo da Merced– facer un percorrido- a pé, en bicicleta ou como decidan- por algunha destas fontes que recuperaron os propios veciños, e que parará en As Bouzas, A Mangarela, Señores, Vilanova, Sanraboa, Entrerregueiros, O Rego, O Regengo, Silvares, A Chan, A Laranxeira para chegar a Santa Mariña.

Os participantes poderán apreciar o traballo feitos nas fontes, parar en cada unha delas, descansar, probar a auga e disfrutar dos adobíos colocados, para a ocasión, polos veciños de cada parroquia.

 

También te puede interesar