Galicia

Maila á subida dos pedidos, a facturación da industria galega cae preto dun 4% nun ano

A cifra de negocios da industria descendeu un 3,9% en xuño en Galicia en relación ao mesmo mes de 2013, malia que as entradas de pedidos subiron un 6,8%, de acordo cos datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, a facturación da industria acumula unha caída do 3,5% no que vai de ano e os pedidos soben un 10,6% de media.

No conxunto estatal, a cifra de negocios repuntó un 4,4% en xuño respecto igual período do ano anterior, mentres que os pedidos do sector medraron un 8,2%.

 

También te puede interesar