Sucesos

Un total de 66 accidentes de circulación durante a fin de semana en Galicia

Na estradas galegas, o 061-Galicia asistiu a 98 persoas por 66 accidentes de tráfico, acontecidos dende as 15:00 horas do xoves ata ás 23:59 horas do domingo. En conxunto contabilizáronse 81 alertas na Central de Coordinación do 061 a causa da siniestralidade vial nos desprazamentos nestas datas estivais.

Por provincias, Pontevedra rexistrou a maior cantidade de accidentes con 29 casos, seguido de A Coruña (21), Lugo (11) e Ourense (5). En 84 sucesos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, 10 atendidos no lugar do accidente sen necesidade de traslado, 2 acudiron a centros de atención primaria, e 2 persoas faleceron no momento da colisión.

Un 58% das persoas atendidas foron homes e o restante 42% mulleres. Por idades, o 35% dos feridos atopábase entre os 20 e os 39 anos.

 

También te puede interesar