Galicia

Un total de 46 accidentes de tráfico en Galicia durante a fin de semana

Nas carreteras galegas, rexistráronse 46 accidentes de tráfico dende o venres 22 de agosto ás 15:00 horas ata finalizar o domingo. Foron asistidas máis de 70 persoas e recibíronse 59 avisos por accidentes na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Por provincias, a siniestralidade acentuose en A Coruña con 20 casos; a continuación Pontevedra (19); Ourense (4); e finalmente Lugo (3). O maior número de atencións por sinistros aconteceu a fin de semana con 17 accidentes cada día. O persoal sanitario do 061 atenderon a 71 persoas, un 63% homes e o restante 37%, mulleres. Por idades, o 28% situábase entre os 20 e os 34 anos.

A nivel nacional, contabilizáronse 6 falecidos e 10 feridos nos desprazamentos da fin de semana, segundo a DGT. Un mes que rexistra 98 mortes, alcanzando as 210 víctimas dende o 1 de xullo. O cómputo ascende ós 719 falecidos dende comezos de 2014.

 

You may also like