O Foro de Sao Paulo recoñeceu este sábado a Galicia como nación na súa XX edición celebrada na capital boliviana de La Paz, ao que asistiron máis de 650 representantes de 180 políticos de esquerda, fundacións e organizacións sociais de toda América Latina, así como organizacións políticas de varios continentes.
Galicia estivo representada pola Fundación Galiza Sempre e a secretaria de Política Internacional do BNG e voceira de Exteriores da fundación nacionalista, Ana Miranda, tal e como fixera en 2003, 2007 e 2010.
A declaración final do foro resumiu un plano de acción conxunto “de loita contra os gobernos conservadores, neoliberales e excluíntes”, así mesmo, neste foro estableceuse unha “loita conxunta para derrotar ao contraataque do imperialismo e das forzas reaccionarias”, tanto en América Latina como en Europa.