Galicia

Levan ao porto de Cariño un cadáver atopado a 43 millas de Cabo Ortegal

Unha embarcación de Salvamento Marítimo trasladou ao porto coruñés de Cariño un corpo atopado por un pesqueiro no mar a unhas 43 millas ao noroeste de Cabo Ortegal.

Segundo Salvamento Marítimo, preto das 7 da tarde deste mércores recibiu o aviso dun pesqueiro de que atopara un corpo cando faenaba pola devandita zona. Axiña foi mobilizada a embarcación ‘Salvamar Shaula’, que se encargou de recoller o corpo, que estaba en “estado de descomposición”, segundo precisaron as mesmas fontes, e levalo a Cariño, onde o desembarcaron pasadas media noite deste xoves.

 

También te puede interesar