Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másA vendima empeza o día 15 en toda Galicia cunha previsión de colleita de 52 millóns de quilos de uva
A vendima das cinco denominacións de orixe arrancará a partir de mediados de este mes de setembro, despois de que algunhas adegas xa comezaron na Ribeira Sacra e Valdeorras, nun ano no que a colleita será de preto de 52 millóns de quilos, inferior á de 2013 debido ás condicións meteorolóxicas dos últimos meses, pero no que a calidade da uva será excelente.
No caso das Rías Baixas, a denominación de orixe con maior produción en Galicia, o tempo inestable dos últimos meses provocou que a cantidade que se poderá conseguir será de algo menos duns 25 millóns de quilos, cunha mingua significativa respecto ao ano anterior, no que se superaron os 32 millóns de quilos.
A seguinte D.O. en produción será Ribeiro, con 14 millóns; seguida dos entre 5,5 e 6 millóns de quilos de Valdeorras; mentres que en Ribeira Sacra esperan ao redor de 5 millóns de quilos; e ata 2,5 millóns prevén en Monterrei.
En Valdeorras cinco ou seis adegas xa comezaron a vendima dende finais de agosto, mentres que o total de 45 adegas esperan finalizar a vendima ben entrado outubro con entre 5,5 e 6 millóns de quilos.