Dende este luns e ata o próximo domingo, día 14, Tráfico desenvolverá unha campaña especial de control de uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil.
Durante unha semana, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil incrementarán os controis comprobando que tanto condutor como ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade. Así mesmo, os axentes examinarán que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil axeitados ao seu peso, idade e estatura.
A Delegación do Goberno en Galicia explicou que o uso de sistemas de retención homologados, cinto de seguridade e sistemas de retención infantil se veu demostrando como o sistema de seguridade vial “máis sinxelo e eficaz” en todo tipo de vías e traxectos, ademais de ser imprescindible para que o ‘airbag’ actúe con total seguridade.
“O cinto de seguridade é un seguro de vida”, indica a DGT, dende donde se lembra que un 20% dos falecidos en accidentes de tráfico en Galicia durante este verán non levaban posto o mesmo.
Esta campaña coincide co comezo do curso escolar e por iso Tráfico subliña a obriga que teñen de levalos sentados cos sistemas de retención infantil axeitados. A DGT estima que o 43% dos menores viaxa incorrectamente cos sistemas de retención infantil e o 37% faino sen eles. O seu uso axeitado reduce un 75% o risco de lesións en caso de accidente.