Iso foi o que manifestou o director xeral de Emerxencias e Interior para xustificar non entregar ao Parlamento os datos sobre o número de manifestacións en Galicia o ano pasado e, sobre todo, o número de participantes nas mesmas que foron multados.
Nunha breve comparecencia na correspondente comisión do Parlamento, Santiago Villanueva- que ate renunciou ao seu segundo turno de resposta- respostou ao deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Xabier Ron que esa é unha competencia estatal e que por iso non podía facilitar os devanditos datos. Mesmo subliñou que os mesmos non están en poder do Goberno galego.
O que sí confirmo é que a Policía Autonómica “non multou a ninguén” por participar en manifestacións e remitiuse á Administración do Estado sobre o que fixeron o reso dos Corpos de Seguridade. O deputado nacionalista lamentou que tampouco o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, tampouco facilite os datos.