O director de Asistencia Sanitaria do Sergas reiterou este xoves no Parlamento de Galicia que a situación do laboratorio central do novo hospital no Meixoeiro “garantirá todas as necesidades asistenciais” dos doentes.
En resposta ás críticas da deputada do BNG Montse Prado, Félix Rubial explicou que a apertura do novo hospital de Vigo fixo necesario redeseñar a atención hospitalaria na cidade de xeito que “cada centro desenvolva actividades complementarias e de que se eviten as duplicidades” existentes.
En contra da acusación da deputada da oposición de que tratábase dunha “decisión ideolóxica, para seguir a súa política de privatización”,o director de Asistencia Sanitaria subliñou que a decisión basease na “complexidade das patoloxías, as características arquitectónicas dos hospitais e a súa dotación: e o Meixoeiro é a situación máis axeitada”.
A deputada Prado lembrou as críticas dos profesionais, que xa advertiron de que a distancia do laboratorio ao maior hospital da bisbarra levará consigo “riscos para a atención sanitaria”, o cal foi rexeitado por Félix Rubial que reiterou que “a tendencia en todas partes do mundo é a centralización” dos laboratorios por cuestións de operatividad e eficiencia, xa que a concentración de probas implica unha minoración de custos en reactivos”.
Ruibal apuntou que o laboratorio central do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac) non está no “hospital máis grande”, o antigo Juan Canalejo, senón que se atopa no Teresa Herrera. “E non hai ningún problema asistencial nin ningunha dificultade para os profesionais”.