Galicia

Ourense, a provincia española con menor tasa de actividade laboral: o 47%

A menor taxa de actividade de España é a do 47 %da provincia de Ourense, segundo os últimos datos aportados polo Goberno na resposta a unha pregunta do grupo socialista no Congreso, que sitúan á provincia 12 puntos por debaixo da media estatal, do 59 %.

Ademais, Ourense é a provincia coas pensións máis baixas, repartidas entre os 69.222 xubilados que cobran unha media de 695,34 €, 9.621 persoas con incapacidade permanente que cobran unha media de 790 € mensuais e 26.321 persoas que perciben por viúvas unha media de 463 €, segundo os datos de xullo de 2014 aportados polo Goberno do Estado.

 

 

You may also like