Vigo al minuto

Feijóo subliña, en Vigo, o apoio da Xunta no fomento da I+D+i na industria mariña e alimentaria

O presidente Feijóo, inaugurou, este luns en Vigo, o II simposio científico internacional para a innovación na industria mariña e alimentaria, salientando o apoio da Xunta no fomento da I+D+i nestes sectores, o que permite gañar competitividade e responder mellor ás demandas de mercados e consumidores.

O xefe do Goberno galego subliñou que a Estratexia RIS3, a Estratexia de Especialización Intelixente, céntrase na investigación e na innovación para revitalizar os productos da pesca e das conservas, no aumento da seguridade na materia prima galega, e no desenvolvemento de alimentos funcionais, que a través da biotecnoloxía, melloran a calidade de vida das persoas con necesidades especiais.

O presidente salientou que a Xunta ten inxectado 6 millóns aos centros de coñecemento da Comunidade –CECOPESCA E CETMAR- para o desenvolvemento de servizos competitivos e na diversificación do sector alimentario. Ao mesmo tempo, lembrou a construción do Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria, que suporá un investimento de 8,5 millóns de euros.

Galicia, que ocupa o primeiro posto da Unión Europea e o segundo a nivel internacional no que a conservas de pescados e mariscos se refire, ten unha cadea que xera o 7,5% do valor actual neto galego, cuns ingresos anuais de 770 millóns de euros.

 

You may also like