Galicia

Protestas contra a Lei Wert, os recortes e o despido de profesores, na visita do Rei ao Colexio Ben-Cho-Shey

O Xefe do Estado cos rapaces

Os Reis, foron recibidos este martes no colexio público Ben-Cho-Shey, no concello ourensán de Pereiro de Aguiar-o que acudiron para inaugurar o curso 2014-2015– por varios colectivos: a Plataforma Galega polo Ensino Público, que demandaba a retirada da Lomce- a popularmente coñecida como ‘Lei Wert’- e protestaba contra os recortes; membros  do profesorado Celga, pedindo a súa readmisión; un grupo contrario á Monarquía, que berraba lemas como “Galicia non ten Reis”, e un máis, da CIG, formado por unhas 30 persoas que non pudo achegarse ao lugar e que, según asegura o sindicato, foi ‘retido’ pola Garda Civil a uns dous quilómetros do centro.

Logo de saudar ás autoridades, fixeron o mesmo co director do colexio e representantes da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) que entregaron á raiña- diante do presidente da Xunta- un sobre con varios documentos no que, indicaron, pedían un cambio de horario no centro, a mellora das instalacións, a ampliación do comedor, e peticións específicas da Asociación Galega do Síndrome de Down.

Xa dentro do Ben-Cho Shey, o Xefe do Estado descubriu unha praca na que se lembraba a súa visita, e entraron, en primeiro lugar nunha das clases de Infantil con nenos de 4 anos.

No acto institucional, o Xefe do Estado pediu un esforzo conxunto para lograr, “urxentemente, aumentar a calidade da educación” , tras constatar que segue “con problemas moi graves”.

Felipe de Borbón  salientou a necesidade de “adecuar a oferta formativa á demanda da economía, adaptándoa á sociedade do coñecemento e ao mundo globalizado” e, logo, repasou algúns dos problemas que, ao seu xuízo, afectan á educación neste momento, entre os que aludiu “como feito triste e certo, o elevadísimo porcentaxe de rapaces que abandonan os seus estudios en idades temperás”.

 

También te puede interesar