Vigo al minuto

Marcha Popular polos montes de Cabral e Candeán, o próximo domingo

 

A Asociación Cultural O Coto da parroquia de Cabral ven a organizar por décimo ano un percorrido polos montes veciñais en Man Común das Parroquias de Cabral e Candeán. A ruta, organizada para o domingo 28 de setembro ás 10 horas, coincide en gran parte co Sendeiro Panorámico de Vigo.

A saída, dende o Parque Forestal do Vixiador (Candeán), concentrará aos participantes ás 9 e media. Aproximadamente, serán 7 km de traxecto, finalizando o percorrido no Parque Forestal de Cotogrande (Cabral). A organización ofrece un autobús gratuito para voltar ao punto de partida.

A iniciativa quere mostrar a beleza dos montes de ambas parroquias, integrados por multitude de pistas e camiños aptos para o sendeirismo, e asequibles a calquera idade e condición física. Finalmente, haberá un sorteo de agasallos ao remate da ruta.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.