O Grupo do Partido Popular votou, este mércores no Parlamento de Galicia, en contra dunha iniciativa do Partido Socialista, na que se instaba a ampliar a proteción, ata seis meses prorrogables, a parados de longa duración con responsabilidades familiares.
A deputada Carmen Gallego pediu a devandita axuda, ata que o paro baixe do 15%, para desempregados sen ingresos e persoas vulnerables, como discapacitados ou vitimas de violencia machista.
O deputado popular Miguel Tellado respostou que o Goberno do Estado xa ampliou a axuda de 400 €- dentro do Plan Prepara- e subliñou que hai un diálogo con patronos e sindicatos para acadar novos xeitos de protexer a desempregados de longa duración. Ademáis, engadiu que a Xunta aprobou 100 millóns de euros para políticas activas de emprego e, grazas a elas, “hai xa un cambio de tendencia en Galicia cunha baixada, durante sete meses seguidos, do número de persoas sen traballo”.
O novo voceiro do PP asegurou que botaba en falla “arrepentimento e autocrítica” por parte dos socialistas, afirmando que foi o presidente Zapatero quen “mandou ao paro a a 2,5 millones de traballadores no seu mandato”, ademáis de conxelar as pensións e reducir, “por primeira vez” o soldos dos funcionarios.