A pensión media subiu un 1,8% en setembro en Galicia, respecto ao mesmo mes de 2013, e situouse en 736,02 €-un 84,3% da pensión media do Estado, que está en 873,2 €- e que deixa a Galicia no penúltimo lugar das comunidades, tan só por enriba de Extremadura, onde é de 733,85 €.
Así reflícteno os datos publicados este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que recollen, ademais, que o número de pensións aboadas asos galegos en setembro ascendeu a 747.377.
462.507 xubilados galegos cobran, de media, 831,53 €, a cantidade máis baixa por comunidades; por incapacidade permanente, 68.820 persoas perciben unha media de 808,53 €; mentres que por viuvez existen 186.804 beneficiarios dunha pensión media de 527,85 €.
Se ben a pensión media é de 736,02 €, a de orfandade e a de favor de familiares son moito máis baixas: 364,09 e 467,01 €, respectivamente, e recíbenas, no caso de orfandade 23.422 personas e a favor de familiares, 5.824 persoas.