Vigo al minuto

Segundo a OCU, Vigo é a cidade na que as familias poden aforrar máis na cesta da compra

As familias españolas poderían aforrar 929,54 € de media ao ano na cesta da compra e, en concreto, o aforro máximo na cesta tipo, aquela que inclúe produtos de marcas líderes no mercado, pode alcanzar os 1.647 € en Vigo. Pola contra, as cidades onde menos se pode aforrar son Cidade Real -331,1 €-, Vitoria -382 €- e Lugo -410 €-.

Así reflíctese no Informe de Supermercados presentado este xoves pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), que tamén reflicte que Mercadona reduciu o prezo da cesta tipo nun 3,6 % e 0,3% nos seus produtos de marca branca.

O aforro é aínda maior na cesta económica, composta polos produtos máis baratos de cada establecemento (normalmente os incluídos nas ‘marcas brancas’). En canto aos prezos nas distintas comunidades, as rexións máis caras son País Vasco, Navarra e Cataluña, mentres que as máis baratas son Murcia, Galicia e Andalucía.

Con respecto á cesta económica, Alcampo repite como a cadea máis barata, seguida de MaxiDia, Familia e Lidl. O máis caro é de novo Sánchez Romero, seguido de AltoAragón, Sorli Discau e Covirán.

Ademais, o hipermercado Alcampo de Vigo situouse como o establecemento máis barato Estado, sendo a primeira vez que un local pertencente a unha cadea estatal ocupa esta posición.

 

También te puede interesar