Deportes

O sábado, Marín acolle a carreira´Milla de San Miguel´

O sábado, 27 de setembro, chegará a Marín a competición deportiva Milla de San Miguel cun percorrido de 1.609 metros. O circuito, composto por 4 voltas con 400 metros cada tramo, está organizado polo Club de atletismo San Miguel de Marín, fundado no 1961.

A recollida de dorsais será ás 16:30 horas, na Avenida de Ourense, en Marín. Media hora despois, comezan as probas dos rapaces, iniciándose as seguintes carreiras cada 10 minutos. A entrega de trofeos será ás 20 horas.

De esta vez, organízase a maiores o Campionato Galego de Milla en ruta, a proba de 1000 metros engloba as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete; e o Campionato absoluto, nas modalidades de xuvenil, junior, promesa e veterán. Poderán participar os atletas que ficharon ao longo da tempada 2013/14, por algún club de Galicia; que dispoñan de ficha pola Federación Galega de Atletismo (F.G.A.), aínda que pertenzan a Clubes doutras comunidades autónomas; ou deportistas nacionais convidados pola Federación deportiva.

 

 

También te puede interesar