O número de desempregados anotados nas oficinas do INEM de Galicia aumentou o mes pasado en 1.264 persoas, chegando a 238.203, segundo datos do Ministerio de Emprego. Por provincias o número de altas no paro subiu en A Coruña e Lugo – un 1,23 e un 0,93%, respectivamente- e baixou en Ourense, un 0,34%, e Pontevedra- un 0,01%.
De todos os parados galegos rexistrados, 95.837 viven na provincia de Pontevedra, 94.247 na de A Coruña, 25.317 en Ourense e 22.802 en Lugo. Por edade e sexo hai máis mulleres que homes anotadas no paro- 123.933 fronte a 111.270- e preto de 14.000 menores de 25 anos.
Con todo o dato máis descriptivo da situación do emprego en Galicia é o feito de que dos 80.360 contratos que se asinaron o mes pasado, 74.255 son temporais –o 92,4%- e 6.105 –o 7,6%- son indefinidos. No que vai de 2014, asináronse en Galicia 591.597 contratos laboráis: o 92,25% temporais e o 7,75% indefinidos, dos temporais, máis da metade foron para un período de traballo non superior a un mes.