
9 quilómetros de solidaridade. Esa é a Marcha Aspanaex, que pasadas as 10 da mañá deste domingo, saiu de Castrelos na súa 31ª edición. Trátase dun evento, a prol dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual, que destinará os fondos ao equipamento dunha Sala multisensorial.
Baixo o lema ‘Aspanaex ten marcha’, os participantes acudiron minutos antes do comezo para conseguir un Corazón Solidario, a cambio de 1€, que, á vista das máis de 3.000 persoas que decidiron madrugar este domingo, será non so un éxito: ademáis amosar a solidariedade dos veciños de Vigo.

Á hora de redactar esta información, os participantes xa pasaran pola Praza de América- co alcalde incluido- e seguían por Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzaiz e Príncipe. O percorrido proseguirá pola Porta do Sol, para voltar á Praza América e finalmente, a Castrelos.