Un total de 68 persoas foron asistidas en 56 accidentes de tráfico nas estradas galegas, dende as 15 horas do venres ata as 23:59 horas do domingo, segundo informa o 061-Galicia. O maior número de atencións por día foi o sábado, con 20 sinistros. Por provincias, A Coruña rexistrou 25 sucesos; seguido de Pontevedra, con 21 casos; Lugo contabilizou 7; e finalmente, Ourense, con 3 sinistros.
A Central de Coordinación de Urxencias Sanitaria, recibiu 64 alertas que xeraron máis de medio centenar de asistencias sanitarias, nun 70% homes, e o restante 30% mulleres, observando que o 35%, tiñan entre os 20 e os 34 anos.
Entre as víctimas, rexistrouse unha persoa falecida no lugar do sinistro. En 3 ocasións, os feridos foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado; e nos restantes 64 sinistros, trasladáronse aos centros sanitarios correspondentes. En conxunto, máis de 70 recursos sanitarios foron mobilizados polos médicos, que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061.