Vigo al minuto

Logo das escaleiras mecánicas da Porta do Sol o Concello instalará un ascensor para subir a Camelias

O alcalde confirmou este luns a nova que xa filtrou a un so medio de comunicación: que o goberno local aprobou, por importe de 630.000 €, o proxecto para dispoñer dun ascensor inclinado en Juan Ramón Jiménez que salve os 20 metros de altura entre Menéndez Pelayo e a Avenida das Camelias.

Trátase da segunda gran obra do que Abel Caballero cualifica como o ‘Vigo vertical’, e estará en funcionamento logo de que o fagan as escaleiras mecánicas da rúa II República-en novembro, como tamén informaba o devandito medio antes de que o alcalde o anunciase ao resto-.

Caballero subliñou que o elevador contará con ‘embarques’ en Menéndez Pelayo e na Avenida das Camelias, parando ademais a metade de camiño nuns locais próximos á Avenida. A capacidade de carga será de 25 persoas, facendo posible o desprazamento de máis de 1.700 por hora. O prazo estimado de execución das obras ascende a 7 meses.

 

También te puede interesar