O Tribunal Superior de Xustiza admite unha querela por presunta prevaricación contra Pachi Vázquez

Pachi Vázquez, ex secretario xeral dos socialistas galegos/Tresyuno Comunicación

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fixo público este luns un auto no que se admite a trámite unha querela presentada pola Fiscalía pola presunta comisión dun delito continuado de prevaricación polo ex secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG), Pachi Vázquez, cando foi alcalde de O Carballiño.

Ademáis o TSXG tamén asume a investigación sobre a xestión da tenente de alcalde do Concello de Carnota e deputada do Partido Popular, María Soledad Piñeiro Martínez, para acrarar se cometeu un delito de prevaricación. O alto tribunal tamén investiga ao secretario do Concello de Carnota.

 

También te puede interesar