Os ‘sindicatos’ UGT e CC.OO. chamaron a mobilizarse este martes, 7 de outubro, polo “traballo decente” nas diversas concentracións que terán lugar en Galicia, en paralelo ás 40 convocatorias existentes en todo o Estado.
Estas protestas celebraranse en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, no marco da ‘Xornada Mundial polo Traballo Decente’, convocada en anos precedentes pola Confederación Sindical Internacional (CSI), e nun contexto en Galicia no que hai 284.300 persoas en desemprego, das que 171.900 levan máis dun ano en paro, mentres que hai uns 118.000 persoas en máis de dous anos sen traballo.
Nesta liña, estes dous ‘sindicatos’ denuncian que o emprego que se crea “é temporal, precario e parcial”, mentres que a taxa de temporalidade é en Galicia do 23,8% e máis do 60% dos que traballan a tempo parcial non o fan voluntariamente, senón porque non atoparon un emprego a tempo completo.
Nesta liña, advirte de que máis dun 27% da poboación está en risco de pobreza, unha porcentaxe que se eleva ata o 40% no caso de persoas desempregadas. En Galicia hai 93.700 fogares con todos os seus activos en paro e 32.000 que non perciben ningún tipo de ingresos.
Chama a atención que un dos convocantes desta protesta sexan UGT, que o pasado 17 de marzo foi condenado- por segunda vez- por vulnerar a liberdade sindical, ademáis, como denunciou o seu secretario comarcal en Vigo, a finais do ano pasado, presentou un Expediente de Regulamento de Empleo (ERE), aplicando a Reforma Laboral do Gobierno, que supuxo o despido de 36 de los 111 traballadores da central en Galicia.
Algo semellante fixo CCOO, quen despediu a varios 9 dos seus traballadores en Galicia pagando indemnizacións de 20 días por ano traballado- exactamente as que sinala a Reforma Laboral-. Mesmo a presidenta do Comité de Empresa de Comisións en Galicia, Nieves Guantes, sinalou no seu día que os despidos eran “absolutamente innecesarios” ye acusou aos directivos da central en Galicia de usar a Reforma Laboral