Galicia

De cada tres pacientes galegos, dous non controlan ben a toma de anticoagulantes

En Galicia, 50.000 persoas toman anticoagulantes para evitar un posible ictus. O Sintrom permite diminuír en máis da metade das posibilidades, o risco de ictus en afectados con arritmia. Non obstante, o personal médico avisa que na maior parte dos pacientes, 2 de cada 3, non controla correctamente a medicación.

A nivel nacional, o ictus convértese na segunda causa principal de morte na sociedade. Para informar os pacientes, os médicos executan unha campaña de sensibilización social que permita mellorar o control da medicación. A iniciativa presenta unhas pulseiras que dispoñen de código QR, nas que se introducen os datos de coagulación dos doentes.

O ictus é unha enfermedade cerebrovascular que afecta aos vasos sanguíneos que suministran sangue ó cerebro, coñecido tamén como Accidente Cerebro Vascular (ACV). Acontece cando un vaso sanguíneo que leva sangue ó cerebro rómpese ou é taponado por un coágulo, e non se consegue transportar o fluxo sanguíneo necesario. As células nerviosas da área cerebral afectada non reciben oxígeno e non poden funcionar.

 

También te puede interesar