En setembro, o Índice de Prezos de Consumo (IPC) incrementouse en 3 décimas en Galicia en comparación con agosto, o que supón unha taxa interanual do 0,0%. Desta maneira, os prezos mantéñense estables en relación ao mesmo periodo de 2013. A subida débese ao incremento do vestuario xunto ao calzado, e da vivenda.
Por comunidades, o IPC mensual medrou en 14 zonas, con subidas destacadas en Castilla e León e Extremadura, cun 0,4%; seguidas cunha décima menos, en Galicia, Andalucía, Castilla-La Mancha, La Rioja e Navarra. En relación a taxa anual do IPC, incrementouse na totalidade das comunidades, excepto en Canarias. Respecto a setembro de 2013, 12 comunidades obtiveron taxas negativas, 4 ascenderon, e Galicia, mantense estable nos seus prezos.
En España, o IPC creceu un 0,2%, polo encarecemento da electricidade e os cambios monetarios na alimentación, en concreto nas froitas e os legumes. Pola súa banda, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) rexistra unha taxa anual en setembro no -0,3%, un aumento de 2 décimas respecto ao mes de agosto.