Denunciar os problemas sociais que teñen as familias da cidade. Ese é o obxectivo da acampada que iniciaron, na Cruz de O Castro, un grupo de integrantes da Rede Solidaria de Vigo, e que supón una continuación da acampada iniciada o pasado 27 de setembro diante da Xunta, e que acabou co desaloxo, “recibindo ordes da Autoridade Portuaria”, por parte de axentes da Policía Nacional.
Os acampados denuncian as diferencias que hai nas cantidades que reciben os vecinos que o necesitan do ‘cheque social’ que entrega o Concello e o retraso no pago da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) que, aseguran, pode chegar a demorarse ate 11 meses. Ademáis, a acampada serve para esixir a reapertura do local de ‘Sereos’ e para que se reduzan as listas de espera na cidade.
Mentres a acampada continúa, este martes o alcalde asegurou que “Vigo é a cidade do Estado que máis orzamento ten en Benestar Social” e subliñou que , cada día desta semana, 150 familias están cobrando as axudas para pago de aluguer e hipoteca, “que vai evitar que 1.000 familias sexas desafiuzadas”, gas e electricidade e compra de alimentos, “das que vanse beneficiar 1.253 fogares”.
Abel Caballero engadiu que a esas cantidades hai que sumar “as axudas de emerxencia que chegan a 100 familias cada semana”; as aportacións do Concello aos comedores sociais, as axudas a mulleres maltratadas, “as cantidades en infancia e xuventude”, como os comedores escolares e becas para a compra de libros, e “o albergue” que, en conxunto, superan os 5 millóns de euros anuais.