Vigo al minuto

O pico da gripe non chegará ata mediados de decembro, ainda que a campaña de vavinación empeza o luns

A directora xeral de Innovación e Xestión dá Saúde Pública informou este sábado de que Sanidade prevé que a “onda gripal non chegará a Galicia ata mediados de decembro”. Sonia Martínez pediu aos cidadáns que non vaian a vacinarse os primeiros día da campaña contra a gripe, que empeza este luns e salientou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) adquiriu 530.300 doses de vacinas antigripais e que ten previsto un orzmento de 2 millóns para toda a campaña.

“Hai tempo abondo para facela progresivamente”, asegurou a directora xeral quen pediu ás persoas que queiran vacinarse que falen co seus centro de saúde onde se lles informará de cómo deben facer para pedir cita.

Os obxectivos específicos son acadar unha cobertura de vacinación do 65 % entre a poboación maior de 65 anos, e dun 35 % no persoal sanitario. A directora xeral de Innovación e Xestión dá Saúde Pública salientou que son as persoas de 60 ou máis anos e as pertencentes a grupos de risco as que deben vacinarse.

En concreto, inclúense nos grupos de risco da antigripal as persoas con condicións crónicas de risco, as embarazadas e as persoas ingresadas en institucións pechadas, entre outras. Tamén está recomendada a vacinación do persoal sanitario, empregados de institucións pechadas e outros centros para enfermos crónicos e daquelas que desenvolven traballos esenciais, como policías e bombeiros.

Este ano se utilizarán dous tipos de vacina: unha para as persoas de 60 a 74 anos non institucionalizadas e para as menores de 60 anos pertencentes aos grupos de risco, e outra para a poboación maior de 74 anos ou de 65 que vivan en residencias, ademáis haberá unha vacina específica para as persoas con lerxia severa ao ovo.

 

También te puede interesar