Vigo al minuto

UviGO! a primeira aplicación para móbiles no sistema universitario galego

A Universidade de Vigo está de estrea, acaba de dar a coñecer uviGO!, a primeira aplicación para móbiles e tabletas na comunidade universitaria de Galicia. Na actualidade, conta con 1300 usuarios e está dispoñible, tanto para Android como para IOS.

Os alumnos poderán consultar o expediente académico, recibir convocatorias de bolsas ou xestionar trámites administrativos. A iniciativa inclúe servizos para o persoal do sistema universitario, en relación a formación do profesorado, cursos ou sesión académicas. Aos interesados, que non pertenzan á Universidade, poderán ser avisados de actividades culturais. A aplicación contén dende información xeral, ata voluntariado, prácticas ou ofertas de emprego.

Polo momento, uviGO! atópase na etapa inicial, á espera das valoracións dos usuarios para mellorar o servizo. Unha iniciativa, que aposta polas novas tecnoloxías e a administración vía electrónica, facilitando as xestións e a comunicación entre os membros da Universidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.