Cultura Vigo al minuto

Galicia perde a xornalista e escritora Begoña Caamaño

A xornalista e escritota Begoña Caamaño, compañeira dos servizos informativos da Radio Galega, faleceu este luns, vítima cun cancro.

Incorporouse á cadea no ano 1989 na delegación de Vigo, e catro anos despois pasou á redacción central en Santiago. Estivo sempre vinculada ás seccións de cultura e sociedade e dirixiu e presentou programas como “Trécola”, “Andando a Terra”, “Club Cultura” ou o “Expreso de Medianoite”.

Begoña, foi autora, tamén, das novelas “Circe e o pracer do azul” e “Morgana en Esmelle”, que recibiu o Premio da Crítica Española e o Premio da Asociación de Escritores en Lingua galega.

Comprometida cos dereitos dos traballadores, Begoña, militou activamente no movemento sindical e chegou a ser presidenta do Comité Interempresas da Radiotelevisión de Galicia.

 

También te puede interesar