Galicia

A cuarta parte dos galegos non ten nada aforrado e vive ‘ao día’

O 23,5% dos galegos asegura que non ten aforro ningún e que vive ao día, segundo un informe de ratreator.com, difundido antes do Día Mundial do Aforro.

O estudo sinala que o endebedamento segue a ser a principal preocupación dos cidadáns- o 50%– que ven na falla de estabilidade laboral a causa delo. O 60% dos endebedados sinala que o está pola hipoteca da casa, o 23% polo coche e un 9,2% por estudos– un 4,6% pola apertura dun negocio, 4,6% por viaxes e un 1,5% por enfermidade-.

Polo que se refire á capacidade para aforrar, un 14% dos galegos non ten máis de 3.000 €, o 13% non chega aos 1.000 € e o 23,5% vive ao día. O que máis preocupa, como destino final deses aforros, é unha posible enfermidade -40%-; un despido- 29,5%- problemas coa casa ou co coche- 23,5%-e ter que axudar a familiares ou amigos- un 7%-.

 

También te puede interesar