Galicia

O Goberno ordena o peche da pesqueira do xurelo para os barcos galegos

O Goberno central decretou o peche da pesqueira do xurelo para o cerco galego a partir das 00.00 horas deste sábado, 1 de novembro.

A través dunha resolución da Dirección Xeral de Ordenación Pesqueira, dependente do Ministerio de Agricultura, establécese o peche provisional da pesqueira do xurelo da zona CIEM VIIIC para o ano 2014, que afecta aos buques censados na modalidade de cerco no caladero do Cantábrico e Noroeste e con xestión colectiva de cota, con porto basee nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo.

En agosto, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio logrou cota extra para os ‘stocks’ de xurelo das zonas CIEM VIIIc (Cantábrico Noroeste, dende o País Vasco na desembocadura do Bidasoa, ata Fisterra) , e IXa (parte española de Fisterra a fronteira con Portugal e o Golfo de Cádiz) tras o acordo alcanzado con Portugal.

O acordo resultaba especialmente significativo para a flota de cerco de Galicia, que faena en augas da zona CIEM VIIIc, dado que realizara xa un consumo moi alto da cota de que dispón para este ano 2014, vendo así alongada a súa campaña de pesca desta especie que se atopaba moi comprometida con algo máis de 200 toneladas.

 

También te puede interesar