O espectáculo familiar ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’-versión da obra de Carlos Casares- chega este domingo día 2 á Vigo (6 da tarde no Centro Cultural Caixanova)-. Esta representación, a cargo de José Caldas na dirección escénica e de Bernardo Martínez en música e composición, ofrece os espectadores “unha nova perspectiva sobre a obra” do autor ourensán, a quen o Centro Dramático Galego volve homenaxear tras revisar o texto e a montaxe que xa levaran a escena hai 10 anos.
Así mesmo, neste espectáculo intégranse “harmoniosamente” o conto ‘A galiña azul’, ademais doutras creacións de Casares, para o que se recupera a escenografía e o vestiario e se reúnen sobre o escenario “tódalas expresións artísticas”.
Esta obra atopa inmersa nunha xira que se estenderá ata finais de ano por toda Galicia, onde xa recalou en Ourense, Narón e Pontevedra e que ten como próximos destinos escenarios de Viveiro, Tui, O Barco de Valdeorras, A Estrada e Compostela.
As entradas, cun prezo que parte dos 2,70 €, poderán ser adquiridas por anticipado a través da web de Servinova.