A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) pon en marcha este mes de novembro unha nova edición da campaña de sensibilización fronte a atropelos, co obxectivo de previr e de reducir este tipo de accidentes nas estradas e vías de Galicia.
Esta iniciativa céntrase na concienciación de peóns e condutores ante esta forma específica de accidentalidade, que ten unha maior incidencia nos meses do ano con menos horas de luz e peores condicións meteorolóxicas. Para a súa execución, a DGT conta coa colaboración da Delegación do Goberno, da Xunta e dos concellos.
Segundo as estatísticas que manexa Tráfico, os meses de outono e inverno son os de máis risco de atropelos: só o último trimestre de 2013 acumulou o 67% das vítimas por atropelo en Galicia de todo o ano (18 entre xaneiro e decembro, das que 12 rexistráronse nos últimos tres meses). Polo que respecta a este ano, as vítimas por atropelo en Galicia ascenden 12 (1 de xaneiro a 30 de setembro).
A campaña combina accións formativas, que materialízanse en charlas efectuadas en diversos municipios, con outras accións de tipo preventivo, entre as que destaca o labor de concienciación por parte dos axentes da agrupación de Tráfico da Garda Civil en vías interurbanas e zonas rurais, tanto a peóns coma a condutores.
As mesmas desenvolveranse nos concellos polos coordinadores de educación vial e axentes colaboradores da campaña. Pola súa banda, as preventivas porán atención a aquelas infraccións que puidesen cometer peóns e condutores que xeren riscos de atropelo e a aquelas condutas pouco seguras dos peóns, para o que se informará estes últimos para que modifiquen os seus hábitos e reduzan os riscos.
A DGT lembra que son comportamentos sancionables circular sen elemento reflectante, fóra de poboado entre o ocaso e a saída do sol ou con meteoroloxía desfavorable; así como atravesar a calzada sen facelo de forma perpendicular ao eixe da calzada ou facelo demorándose, deténdose sen necesidade ou entorpecendo o paso os demais. Neste sentido, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil porá especial atención, tanto no comportamento dos peóns coma no dos condutores que convivan con este colectivo tan vulnerable.