Os gastos totais dos servizos públicos de emprego en prestacións de desemprego foron de 99,47 millóns de euros en setembro en Galicia, un 2,2% menos que no mesmo mes de mes de 2013. Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a contía media galega da prestación contributiva percibida por beneficiario situouse en 767,2 €, o que supuxo un gasto de case 66,84 millóns en total e destináronse a subsidios 27,27 millóns e a rendas activas de inserción 5,37 millóns.
En total rexistráronse, nese mes, 42.308 solicitudes en toda Galicia: 24.805 en prestacións contributivas, 15.164 subsidios e 2.339 rendas activas de inserción. Mentres, houbo 43.240 altas.
Os beneficiarios totais do sistema son 122.330 deles, 53.635 de prestacións contributivas, 55.912 de subsidios e 12.783 de rendas activas de inserción. Isto supón que a taxa de cobertura -o número de beneficiarios parados sen contar a aqueles sen emprego anterior- é do 56,21% en Galicia.