Sucesos

O Tribunal Superior de Xustiza desestimou os recursos do ex líder socialista que terá que declarar como imputado nun delito de prevaricación

Pachi Vázquez, ex secretario xeral dos socialistas de Galicia/Tresyuno Comunicación

A Xustiza decidiu desestimar os recursos presentados polo ex secretario xeral do PSdeG e actual deputado autonómico Pachi Vázquez contra a apertura do seu caso e contra a súa citación, de modo que terá que acudir o mércores a declarar como imputado por “un delito continuado de prevaricación”.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) quere escoitar a súa versión sobre un suposto caso de contratación irregular durante a súa etapa como alcalde do Carballiño, entre 1995 e 2005.

Ante a decisión da Sala do Civil e Penal do alto tribunal galego de admitir a trámite a querela presentada pola Fiscalía, dado que o socialista ourensano é aforado, este presentou un recurso para pedir o arquivo do caso, petición desestimada polo tribunal.

 

También te puede interesar