Según MeteoGalicia, a xornada está caracterizada por ondas de mar de fondo que superarán os 4 metros. O nivel amarelo mantense o luns por vento en mar, con intervalos de f0rza 7 no sudoeste, e 8, no litoral atlántico.
O domingo haberá ceos nubosos, con chuvascos intermitentes máis frecuentes ao norte e oeste de Galicia. Os ventos soprarán do noroeste, moderados no litoral e frouxos no interior. Para o luns empeora o clima, con maior nubosidade e precipitacións intensas, canto máis ao oeste da comunidade galega.
Durante a xornada de hoxe, as temperaturas sufrirán un descenso nas mínimas, oscilando dos 5º en Lugo ata os 9º en Vigo. Nas máximas, igualadas a 14º na maioría das provincias, menos en Lugo con 11º.