Galicia

Investígase o presunto crime dunha octoxenaria na súa casa en Carballo

Descoñécense as causas da morte dunha muller de 88 anos no seu domicilio, en Carballo (A Coruña). A Garda Civil investiga o presunto crime, que aconteceu na mañá do domingo, no que se descarta que sucedera por causas naturais, cobrando forza a hipótese do robo.

O corpo sen vida cadáver foi atopado por un familiar na vivenda, que se encontraba revolvida. A falecida estaba xunto á porta da entrada co corpo cara abaixo e rodeada de sangue, O rexedor do municipio, Evencio Ferrero, solicita que “se descubra os que foron os autores desta barbaridade“.

Ata o lugar do sinistro acudiron a Policía Local e Xudicial, a Garda Civil, un médico forense, un xuíz e axentes de Homicidios de A Coruña.

También te puede interesar