Sucesos

Dous mortos e 79 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 atendeu a 79 persoas debido a 46 accidentes de tráfico habidos durante a fin de semana nas estradas galegas. Segundo a Central de Coordinación, o 061 recibiu 61 chamadas dende as 3 da tarde do venres ata as 12 da noite desde domingo:  as ambulancias medicalizadas realizaron tres saídas; as asistenciais, 53, e as convencionais, tres; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en catro ocasións e o helicóptero medicalizado atendeu dúas persoas.

67 feridos foron trasladados a centros sanitarios, dez recibiron asistencia no lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas morreron no lugar do accidente.

Pontevedra, con 20, foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 17; Lugo, con cinco; e Ourense, con catro.

 

También te puede interesar