Sucesos

En A Coruña, dúas persoas evacuadas por sufrir unha intoxicación ó pintar un barco

Nesta mañá, dous traballadores, de 51 e 55 anos, foron evacuados por inhalación de gases ao centro médico, tras pintar o interior dunha embarcación no Porto de Oza, en A Coruña. Segundo comunicou o 112, un dos perxudicados presenta unha intoxicación severa. O suceso aconteceu cerca das 7 horas, no incidente súmase a escasa ventilación do lugar.

Ata a zona achegáronse os Bombeiros de A Coruña, unha ambulancia asistencial e otra medicalizada, que trasladaron aos afectados, con dificultade para respirar, ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).

Ademáis, no mesmo centro sanitario foi trasladado un menor, que resultou ferido tras ser atropelado por unha furgoneta, as 8 e media do venres, en A Zapateira. En canto a xornada do xoves, un home de 65 anos sufriu un accidente cun tractor no municipio de San Xoán de Río, (en Ourense). O varón atópase en estado grave no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

You may also like