Destacados Vigo al minuto

Os traballadores de Cespa desconvocan a folga logo da “rectificación” do goberno local

Traballadores de Cespa protestando diante do Concello/Tresyuno Comunicación

O cadro de persoal de Cespa, concesionaria do servizo de Parques e Xardíns, decidiu, este venres en asamblea, desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado luns para reclamar a corrección dunha serie de erros no prego de condicións do novo concurso de adxudicación.

A desconvocatoria foi posíbel porque o Goberno local, nunha xuntanza extraordinaria, aprobou un novo documento no que se especifica a totalidade do cadro de persoal -110 traballadores-, a súa antigüidade, tipo de contrato, categoría laboral, salario bruto e convenio de aplicación, tal e como demandaba o comité de empresa.

“Coa decisión do Goberno local amósase que os empregados tiñamos razón cando denunciamos a existencia de erros no prego de condicións, porque os responsábeis municipais non fixeron os deberes e non lle reclamaron á compañía unha lista de contratación actualizada. Agora, tras a presión dos traballadores, o Concello viuse obrigado a aprobar de urxencia un novo prego no que figura a lista completa, incorporando os catro traballadores que quedaran fóra”, asegurou o presidente do Comité de empresa.

O documento, ademáis, tamén modifica a cláusula de subcontratación do 50% para aclarar que se permitirá unicamente para os medios materiais.

 

You may also like