Choverá menos. Será así porque este luns estamos, de xeito transitorio, baixo as altas presións localizadas entre Azores e a península Ibérica, que estraron en Galicia deixando un tempo máis estable que os días pasados. Esta situación durará o que dure o día porque o martes entra unha nova fronte que estará xa ata finais de semana.
Ainda así, pola mañá haberá nubes baixas e algunha chuvia débil, con néboas no interior, pero a medida que avance o día, as chuvias tenderán a desaparecer e iranse abrindo claros.
Segundo a predición de MeteoGalicia, as temperaturas quedarán en valores moi simulares aos de días anteriores, con lixeiros descensos das mínimas, e por cidades, chegaremos a 15 graos en Pontevedra e Vigo-cunha mínima de 11- mentres que o termómetro baixará ata os 7 graos en Lugo e 8 en Ourense e Santiago.