É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más“Algún día faremos a película deste libro, na Galiza”, ese día chegou:xa podes ver A Esmorga
“Algún día faremos a película deste libro, na Galiza, con cartos nosos e no noso idioma, cuios dereitos me reservei”, escribía Eduardo Blanco Amor a un amigo en 1978: ese día chegou. Este venres, por primeira vez na historia, unha película en galego estréase, ao mesmo tempo, en todos os cínes de Galicia: A Esmorga, de Ignacio Vilar, chega á pantalla para amosar en imaxes o que Blanco Amor puxo detrás das palabras.
O director e os seus tres protagonistas, Miguel de Lira (Cibrán), Antonio Durán, Morrís (MIlhomes) e Karra Elejande (Bocas) estiveron este mércores en Vigo para falar deste filme e lembrar a importancia que ten para o audiovisual e a cultura galega levar, “unha das grandes obras da nosa literatura a imaxes”.
Se cadra, Morris foi o que mellor resumiu a sensación que tivemos ao sair do cine os que xa vimos a película: “orgullo”. O actor vigués definiu perfectamente ese pensamento, “acabas de vela e ainda que está feita a peito descuberto, e que é unha película dura, saes sen esa carga que temos moitas veces pola falla de autoestima…conleva forza e optimismo”.
Os tres actores coincidiron en que trátase dunha “película sen complexos” que reflicte a “esmorga interna…a da vida, que pode levar a un final feliz ou tráxico”. Karra Elejalde calificouna de película “de caldo”, forte, intensa, con sabor e consistencia e agradeceu ao seu director, Ignacio Vilar, que “abrise” a película ao equipo, “escoitounos…fíxonos sentir importantes…partícipes no que se fai…algo que para min, que non son galego e que actuei en galego fixo que a película fose miña”.
Miguel de Lira deixou craro o que van a encontrar os espectadores que vaian estes días a ver A Esmorga, “a viaxe ao inferno de Blanco Amor…non é unha parranda sen máis, e unha esmorga despiadada que respecta, da credibilidade e fidelidade ao que escribiu e ao que él quería contar”…como concluiu Ignacio Vilar, “a carta que Eduardo mandoulle a aquel amigo en 1978 estaba falando de nós hai trinta anos”.