É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCarreira Solidaria pola Esclerose Múltiple en Vigo
O próximo domingo, 23 de novembro, celébrase a II Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, ás 11 horas con saída na Alameda Suárez Llanos, en Bouzas. O evento está organizado pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.
A proba dispón de 2 distancias a escoller, de 5 ou 10 kms, cun prezo de 5 e 7€ respectivamente. Para formalizar a inscrición, os interesados poden achegarse á Sede de AVEMPO, en Rúa Camilo Veiga, nº44, na planta baixa, en Bouzas; ou pinchando aquí. O prazo para anotarse remata o xoves, 20 de novembro, ás 15 horas.
A recollida de dorsais poderá facerse, o sábado, día 22, entre as 11 e as 20 horas, na sede de AVEMPO; e o domingo 23, de 9 a 10:30 horas, na liña de meta situada na Alameda Suárez Llanos (Bouzas). As persoas que o desexen, aínda que non participen na carreira, poden contribuir coa causa solidaria mediante un donativo, no enlace da inscrición.
A proba recorrerá a Plaza M. Diego Santos, Rúa Pazo, Plaza da Vila de Bouzas, Rúa Santo Cristo, Rúa Eduardo Cabello, Av. Beiramar, Rúa Coruña, Rúa Tomás A. Alonso, Rúa Camilo Veiga Prego, Rúa Tomás Paredes, Av. Castelao, Rúa Pardaiña, Camiño Caringosta, Av. Atlántida, Rúa Ferreiros, Plaza M. Diego Santos, con meta en Alameda Suárez Llanos.