
O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego confirmou este sábado o que xa era un segredo a voces: o candidato de Bloque á Alcaldía de Vigo nas Eleccións Municipais de maio será o actual secretario comarcal da CIG, Serafín Otero.
Ademáis de Otero, o BNG terá novos candidatos ás alcaldías de Ferrol, Lugo e Ourense, mentres que repiten os de A Coruña, Compostela e Pontevedra, onde hai días xa se sabía que sería, de novo, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.
Esta primeira xuntanza do Consello Nacional aprobou a primeira parte das candidaturas como paso previo ao seu peche completo en xaneiro.