Ciencia y Tecnología

´As mulleres temos corazón`, campaña sobre as doenzas do aparello circulatorio

Baixo o lema As mulleres temos corazón, búscase concienciar á sociedade sobre as enfermidades do aparello circulatorio, primeira causa de morte nas mulleres galegas. A campaña promovida Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, co apoio da Consellería de Sanidade, señala que as doenzas do corazón e das arterias son evitables ao modificar hábitos de vida pouco saudables.

A conselleira, Rocío Mosquera, salientou que no rexistro de mortalidade en 2012, faleceron 5.841 galegas por esta causa, o que supón o 37,7% do total das mortes; e 4.528 homes, o 29,4%, consolidándose coma a segunda causa por detrás dos tumores.

Mosquera señalou que a maior idade, máis posibilidades de sufrir estas enfermidades, e no balance de Galicia, as persoas maiores de 65 anos alcanzan o 23% da poboación, superando os 100 anos “1.478 persoas… 1.179 mulleres e 299 homes”. A campaña terá lugar dende decembro ata xuño do 2015, ofrecendo actuacións no ámbito sanitario, educativo e institucional.

 

 

 

También te puede interesar