Vigo al minuto

O alcalde di que o Concello é o garante de que os traballadores de Linorsa cobrarán

O alcalde asegurou este luns que o Concello é o garante de que os traballadores de Linorsa cobrarán os salarios que se lles deben. Abel Caballero asumiu este compromiso logo da intervención do voceiro dos traballadores da empresa concesionaria da limpeza nos colexios, no Pleno da Corporación.

Emilio Fernández lembrou que a maior parte de integrantes do equipo son mulleres “con xornadas parciais e salarios moi pequenos” e confirmou que  a empresa díxolle que aprobara pagaralles o que lles debe -media paga de outubro e case toda a extra de Nadal- nos primeiros meses de 2015.

Fernández calificou a actitude da empresa de “inmoral” porque, subliñou, “Linorsa sí cobre do Concello” e, por iso, pediu aos responsables do goberno local que “tomen medidas”. Ante esta afirmación, o concelleiro de Fomento, David Regades, respostou que xa se abriu un expediente a Linorsa e que “este seguirá aberto ata marzo, ata que cada un dos empregados cobre o que se lles debe”.

 

También te puede interesar