O investigador do CSIC en Vigo, Xosé Antón Álvarez Salgado, participará na conferencia de Nacións Unidas sobre o cambio climático que se celebra en Perú a partir deste mesmo luns.
Álvarez Salgado foi invitado polo Ministerio de Medio Ambiente de Perú para participar, o vindeiro día 5, en representación da Península Ibérica e o Norte de África, no panel sobre ‘Os sistema de afloramento costeiro como sentinelas do cambio climático’.
A esta conferencia asisten representantes dos 195 países asinantes da convención marco das Nacións Unidas sobre o cambio climático, o obxectivo do cal é impedir a interferencia do ser humano no sistema climático.
Parte do labor investigadora de Álvarez Salgado céntrase no estudio do ecosistema de afloramento da corrente ibérica, con especial énfase nas rías galegas. Ademais, tal e como indicou o CSIC, coordinou un estudio sobre as “evidencias e impactos” do cambio climático en Galicia.