A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo fai un chamamento á cidadanía e ás organizacións políticas e sociais da comarca para que participen na manifestación convocada o vindeiro xoves día 11 de decembro co obxectivo de “rexeitar as privatizacións do PP e reclamar un hospital 100% público”.
Neste senso o presidente da xunta de persoal lembrou que o novo hospital podería abrir con so 800 camas, o cal “non ten nada que ver co anunciado polo Goberno galego”, e supón que non so non se afronta o problema de déficit de camas da Área Sanitaria de Vigo, senon que redúcese en relación cos que hai hoxe. Ademáis, o novo hospital suporá o peche do Xeral, do Cíes, do Rebullón, e de dos centros de especialidades de Coia e a Doblada, “o cal suporá o aumento das listas de agarda, o despido de persoal e unha peor asistencia para os doentes”.
Manuel G. Moreira salientou que a Xunta adxudicou a construcción do novo hospital á Sociedade Concesionaria do novo hospital de Vigo por 1.500 millóns, cando o orzemento público non superaría os 400; ademáis cando as empresas que integran a devandita sociedade non poideron conquerir máis do 25% de financiación para a obra, o Goberno de Galicia avalou o 75% restante, de xeito que “os cidadáns terán que asumir o custo dese aval e, encima, pagar o cánon á sociedade privada que xestionará o hospital”.
A todo isto súmanse outras realidades “que xa notamos, como que a sanidade xa non é universal, que tenemos que facer fronte ao copago dos medicamentos…e hai persoas que non os poden pagar e non seguen os tratamentos, e as listas de agarda”. Estás, salientou Moreira son, na Área Sanitaria de Vigo, e sen contar Povisa, as máis altas do Servizo Galego de Saúde (Sergas), en especial, “e iso é especialmente grave” as listas de espera diagnósticas, que “deixan ven claro que non se está aumentando a capacidade asistencial, senon todo o contrario”.
Por todo iso, SOS Sanidade Pública, Rede de Mulleres, BNG, Marea de Vigo, EU, Anova, Favec e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, Moaña e Val Miñor), secundan a manifestación convocada para o vindeiro venres, día 11 de decembro (8 da tarde Hospital Xeral) baixo o lema ‘Hospital de Vigo 100 x 100 público. Privatización=Corrupción’.
Moreira, reiterou que é moi importante que o conxunto da cidadanía entenda que “cos plans privatizadores do PP, que contemplan a eliminación de numerosos postos de traballo no conxunto da área sanitaria viguesa, o pacientes e usuarios da sanidade pública imos ter unha asistencia moito peor”, e que por elo “hai que amosar que rexeitamos este modelo” que pretende facer da nosa saúde un negocio.
Ademais da manifestación do xoves 11, o persoal sanitario ten programadas outras mobilizacións, entre elas, unha marcha como a celebrada este martes, para este venres ás 11 da maña, tamén dende o Xeral, ademais de ter convocados paros de catro horas para os vindeiros días 9, 10 e 11 en horario de 11.30 a 13.30 e de 18.30 a 20.30 horas.