Vigo al minuto

Comeza a conta atrás para o Festival Sinsal 12 en Vigo

 

A banda de rock, Pere Ubu, fundada en 1975

O próximo sábado, 6 de decembro, o Festival SINSAL 12 trae artistas de calibre internacional á cidade olívica. As actuacións de Sandra Kolstad, máis o grupo de rock, Half Japanese, comezarán ás 20:30 horas no MARCO. Tres horas despois, será o turno de Pere Ubu, na Sala Master.

O festival arrancou en xaneiro con Dorian Wood e regresou en xullo á illa de San Simón. As entradas para cada sesión custan 13€, por compra anticipada na páxina de Servinova, ou 15€ na billeteira. En caso de adquirir o bono para as dúas actuacións, o prezo alcanza os 20€, en venta anticipada, e os 25€, no posto de compra no propio recinto do concerto.

A maiores, o venres día 5, a música chegará á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coa presenza de Ulobit, baseados na improvisación e experimentación. A actuación será na sala Aneicoico de 9:30 horas a 13:30, con entrada de balde por invitación.

También te puede interesar